Arquivo da categoría: congresos e certames

III Mostra de xogos en Santalla

III mostra de xogo tradicional

III mostra de xogo tradicional

Vindeiro sábado 29 de agosto, a localidade de Santalla, no concello llugués d’A Pontenova, convertirase -por terceiro ano consecutivo- nun punto de atención importante no eido dos xogos tradicionais.

Máis de 20 entidades teñen prevista a súa participación nesta xornada que reunirá a máis de 150 xogadores de Galiza, Portugal, Asturias e Castela-León.

Serán perto de 70 xogos e deportes tradicionais os que se poderán ver e practicar nesta pequena vila desde as 11:00 horas.

O apartado musical contará coa presenza dos grupos Darbukka, Folkgazais e o Grupo de Música tradicional da Escola de música tradicional da Pontenova, que actuarán apartir das 16:00 horas.

Asemblea de verán da AEXDT -JUGAJE-

Nas pasadas datas desenvolveuse na comarca burgalesa da Ribeira do Douro un Encontro internacional de xogos tradicionais, no que se incluían distintas actividades, entre as que salientaban a celebración da Asemblea de verán da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais – AEXDT, un Congreso sobre xogos tradicionais e saúde ou un encontro entre distintas modalidades de xogos europeos.

A asemblea serviu para botar unha ollada cara atrás, 8 anos despois da fundación, renovar o Consello de Administración e propoñer a creación dunha entidade de carácter mundial, para a que xa houbo contatos ao longo do último ano.

Congreso Internacional en Aranda del Duero

A pasada semana, concretamente entre o 10 e 13 de xullo tivo lugar o Congreso Internacional de Xogo Tradicional en Aranda del Duero Ribera  del Duero 2009 . Membros da directiva de Brinquedia, así como de asociacións como AGXPT, das asociacións do xogo da chave de Ourense, Santiago e Ferrolterra, de loita galega e de birlos estiveron presentes nesta cita.

Unha dos resultados máis importantes saídos do congreso internacional e de cara ao futuro será a creación da Asociación mundial do xogo tradicional.