Arquivo da categoría: recopilación

Día do Peón 2010

dia do peon 2010

O vindeiro xoves 11 de novembro Brinquedia convoca unha nova edición do Día do Peón. Despois das 5 edicións anteriores, a data vaise asentando para todas aquelas entidades que traballan arredor do xogo tradicional no noso país, nomeadamente nos centros de ensino. A repercusión e participación medra ano tras ano (acadando nas últimas edicións cifras superiores ás 10.000 persoas), e mantendo entre os seus obxectivos o de divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades lúdicas tradicionais.
A convocatoria non só está dirixida aos centros de ensino, malia seren os maiores organizadores desta campaña, senón aos concellos, asociacións, institucións e mesmo a colectivos de galegas/os no exterior.
Lembramos que a estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por varios refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño, Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, Polo Santo Antón, trompos ao caixón, Pola Santa Olaia, peóns á borralla

Seguir lendo

“El día de la baldufa 2009” no CEIP Frederic Godàs

O colexio Frederic Godàs, de Lleida, celebrou o pasado ano o seu “Día do peón” ou como eles mesmos chaman “El día de la baldufa“. Grazas ao noso compañeiro Raúl Nuño pola súa colaboración. Aquí podedes ver o resultado do traballo realizado.

[HTML1]

Presentación: Xogos de Sempre, Xogos de Agora

O pasado mércores 23 de decembro tivo lugar no Concello de Dodro a presentación do material editado polo Concello e financiado pola Deputación que leva por título Xogos de Sempre, Xogos de Agora.

Unha recompilación de xogos tradicionais con especial fincapé no papel da muller tanto nos propios xogos como no traballo  de recompilación. realizado.

Podedes ver o documento creado visitándoo no portal de Brinquedia, premendo nesta ligazón.