Arquivo da categoría: dia do peón

Día do Peón 2016: que pasou?

Con máis retraso do que contabamos, velaí vai a crónica desta edición do Día do Peón.

Segundo os datos facilitados, e sendo sabedores de que participaron bastante máis centros, temos elabourado un mapa cos centros educativos participantes (que inclúe a un centro vasco) que nos facilitaron os seus datos de participación.

As lendas de cores son as seguintes:

  • En cor verde: inclúense ligazóns a publicacións web relacionadas coa actividade.
  • En cor azul: non hai dispoñibles ligazóns.
  • En cor malva: desenvolvemento do Acto Central.

mapapeon2016

Os datos resumidos:

  • 27 centros educativos.
  • Máis de 4.300 alumnos e alumnas participando.
  • Preto de 300 mestras e mestres colabourando.

Agardamos que en vindeiras edicións podamos encher de máis puntiños este mapa, e animamos a que todas as futuras participacións nos fagar chegar información ao respecto.

Xa para rematar, agradecemos publicamente os ánimos e verbas recollidas para seguir dándolle continuidade a esta iniciativa.

Día do Peón 2016: Acto Central

Como ben sabedes, nesta edición do Día do Peón o Acto Central desenvolveuse no MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia).

Captura_Lun Nov 21 18:13:39

Resulta destacable a calidade das actuacións desenvolvidas no mesmo, entre elas a presenza do prestixioso escritor Xabier Docampo, autor do Manifesto deste ano.

Pódese acceder á información relativa a esta actividade mediante a páxina web do Melga facendo clic na seguinte imaxe:

IMG_1011

Só nos queda agradecer ao MELGA e á Fundación Pérez y Verdes a colaboración prestada organizando este Acto Central, así como felicitalos polos resultados obtidos.

Convocatoria do Día do Peón 2016

logo_dia_do_peon

Outro ano máis,  achegándonos ao mes de novembro, temos a ben convocar a celebración do Día do Peón. E con esta xa van unha ducia de edicións!

Baixo o lema de “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, pretendemos que o día 11 de novembro se convirta nunha data na que os peóns tomen as prazas e rúas do país.

lonapeon

Así, nun correo electrónico enviado aos centros de ensino galegos e a outras entidades e asociacións, convidamos a participar nesta actividade e a fomentar a recuperación do noso patrimonio lúdico.

A documentación elaborada para esta edición é a seguinte, podéndose descargar ou acceder a cada un dos documentos facendo clic na súa respectiva imaxe:

cartazpeon2016_red     ligazons de interese

                Cartaz                               Ligazóns de interese

pasapalabrapeon              manifesto

           Pasapalabra do Peón                    Manifesto (escrito por Xabier Docampo)

Paneis baldufa  propostaactividades

Exposición “O peón, un mundo de amigos”     Proposta de actividades

recollida

Cuestionario de recollida de datos para os centros participantes (cumprimentación en liña)

Por outra banda, na nosa canle de Brinquedia en Youtube, hai colgados uns vídeos que consideramos poden ser do voso interese.

Xa para rematar, podemos confirmar que o Acto Central celebrarase este ano no MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) en Ponteceso (provincia de A Coruña), acto no que xa hai centros convidados e para o que todavía se acepta a participación doutros.