Arquivo por autores: Brinquedia

IV PREMIO GARABATO Á CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO

O mundo do patrimonio lúdico está de noraboa. O 11 de setembro desde 2021 un dos seus membros, a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT) recibe en Palas de Rei o premio Garabato á conservación do patrimonio.

Un premio instituído por tres asociacións e que vén a recoñecer toda unha traxectoria a prol do noso patrimonio lúdico (máis información facendo clic na seguinte imaxe).

Dende Brinquedia queremos transmitir a ledicia que este recoñecemento produce, mais tamén o orgullo dos soños compartidos.

Parabéns e mil primaveras máis para os nosos xogos tradicionais.

No concello de Pol xa non haberá escusa para non practicar os nosos xogos

Neste municipio lucense o Xogo Tradicional será un dos protagonistas na área deportiva e de lecer que está a promover o Concello.

Habilitaranse espazos e dotarase de material para a práctica de varias modalidades, como podedes observar nas seguintes imaxes:

Non nos queda máis que aplaudir esta iniciativa de posta en valor do noso xogo, e agardamos que con este exemplo ou de San Sadurniño, outros concellos desenvolvan proxectos semellantes.

 

Nova exposición no Melga

O Museo Etnolúdico de Galicia acollerá dende o próximo sábado 17 unha nova exposición, da cal podedes atopar información no seu cartaz: