viernes 12 de noviembre de 2010

O DÍA DO PEÓN E O MAGOSTO

Este xoves foi día de celebracións: pola mañá, despois do recreo, bailamos os nosos peóns, feitos con botes de zume, paus e boliñas de papel,e tamén animamos ós nosos compis de 4 e 5 que fixeron carreiras de equilibrio, e ata nós tamén corremos. E pola tarde recibimos a unha "señora maior", que se parecía moito á profe Mar de 4 anos, debían ser familia, que nos repartiu ricas castañas nos nosos cestiños. Cantamos a canción do magosto, e comémolas todos xuntos no patio. Que ricas estaban!!