Tag Archives: stand

Megaxove

Dende o venres 4 ate o martes 8 realizarase nas instalacións de Expourense (na cidade das Burgas) a feira MEGAXOVE, nela Brinquedia contará cun stand informativo da asociación e do patrimonio lúdico galego, ademais de contar cun espazo para a práctica de distintos xogos e a elaboración de enredos.

No espazo, ademais da práctica de xogos de taboleiro, aros, ra, zancos, carreiras de botellas, pano, carreiras de sacos… haberá lugar para a exposición doutros xogos que non se poden practicar no pavillón. Tamén contará con paneis informativos dalgúns xogos do noso patrimonio lúdico, bibliografía para consulta sobre os xogos tradicionais galegos e mundiais e exibición de vídeos de distintas actividades promovidas pola asociación e vídeos sobre os xogos tradicionais en distintos puntos de Europa.