Tag Archives: peón

Peóns Saturno

A empresa fabricante e distribuidora de Trompos Space teñen unha interesante web onde podedes ver como son estes novos peóns e a cantidade de malabarismos que se poden chegar a facer.

Botádelle unha ollada: SaturnoTruco.com

Vídeo da historia da baldufa

Os nosos amigos e amantes do peón en Cataluña, a “Associació Amics de la Baldufa” foron tan amables de prestarnos e permitirnos usar o seu vídeo sobre o peón para poder colgalo na Internet e así estar a disposición de todo o mundo.

Un moi interesante vídeo que a partires de agora poderedes atopar sempre aquí, en Brinquedia.net.

O mellor “bailaor” de peóns

Moitos de vós xa coñecedes a este home, polo menos a través do vídeo que circula por aí. O caso é que por se non o vírades, aquí tedes o que unha persoa é capaz de facer cuns peóns, trompos, bailaretes, sevillanas, peonzas…