Etiqueta novas

2ª feira de xogos tradicionais de Muimenta “xotramu”: 6 de xuño de 2010 1

Mai25

O domingo, 6 de xuño de 2010, vaise celebrar a II festa de xogos tradicionais en Muimenta (Lugo) organizado por XOTRAMU.

Ás 11:00 h iniciarase a 2ª feira de xogos tradicionais de Muimenta “xotramu”, na que todos os visitantes poderán participar

XOGOS

Campo nº 1 - Aberto de billarda “filloa 2010”

Coordina a AsociaciónO Varal”

Campo nº 2 - Demostración xogos: Bizkaiko Herri-Kirol Federazioa

Harrijasotzailes – levantadores de pedras

Aizkolaris – cortadores de troncos con machado

Demostración xogos: Juegos de Iparralde

Ungudea – Levantamento de bigorna

Lasto Botatzea – lanzamento de fardo

Lasto Altzatzea – levantamento de fardo

Trontzalaris – corte de troncos con serra

Campo nº 3 - Torneo birlos celtas e de Xove

Campo nº 4 - Torneo birlos en liña e ó canteiro

Equipos: Asociación Arcasco de Órrea, Clube Cruceiro de Meilán de Santa Marta, Clube Ribatra de Remourelle, Clube Campo Cruceiro de Pousada, Clube o Cadaval de Pacios, Clube Xove, Clube XDPT de Santalla.

Campo nº 5 - Torneo chave modalidade de A Coruña.

Equipos do clube da chave de Santa Margarita – A Coruña

Campo nº 6 - Torneo chave modalidade de Ferroltera.

Equipos do clube amigos da chave de Ferrolterra

Campo nº 7 - Torneo chave modalidade de Ourense.

Equipos da Asociación cultural e deportiva da chave de Ourense.

Campo nº 8 - Torneo chave modalidade de Santiago.

Equipos da Asociación da chave de Santiago

Campo nº 9 - Xogos traidicionais de Portugal

A Patela

Virala vara

Campo nº 10- Demostración de A Bugalliña. Xogo realizado por mulleres, e que a día de hoxe, só se xoga no concello ourensá de Carballedo de Avia

Campo nº 11 - Arrebolamento de sacho

Campo nº 12 - A Porca

Campo nº 13 - Xogo de bólas

Campo nº 14 - Competición de peóns

Campo nº 15 - As sete e media

Campo nº 16 - Xogos para rapaces: a bruxa piruxa, carreira de pingüins, paloma, o pano de guante-guante, carreira de sacos….. acompañados por xente da asociación.

Campo nº 17 - Lanzamento de boinas

Campo nº 18 - Xogo libre de chave na modalidade de A Coruña

Campo nº 19 - Xogo libre de chave na modalidade Ferrolterra

Campo nº 20 - Xogo do ferrón

Campo nº 21 - Xogo libre de chave na modalidade de Ourense

Campo nº 22 - Xogo da ra

Campo nº 23 - Zancos, para todas as idades

Campo nº 24 - Demostración de carriladas

Coordina, pilotos da asociación da baixada de carriladas a San Mamede

Campo nº 25,26 - Xogos de pesca, o zambombazo…

Campo nº 27,28 - Nabo ó caldeiro, o maitines, o anel…

Campo nº 29,30 - O retranco, a estrela …

Campo nº 31,32 - Choque choqueiro …

Campo nº 33,34 - A zoadeira, o zocalán, o cadro, o rondo, o chino …

Campo nº 35,36 - O chanto, o trinco …

Campo nº 37 - A zoca.

Campo nº 38 - A Torada

Campo nº 39 - O Palmo

Campo nº 40 - Tiro con arco artesan, para rapaces.

EXPOSICIÓNS E OBRADOIROS

1 - Xogo de tirapedras.

2 - Tiro ó bote

3 - Tres en raia, o Muiño

4 - Exposición xoguetes esquecidos (1) . obradoiro de enredos

5 - Exposición xoguetes esquecidos (2), obradoiro de construción de xoguetes

6 - Xoguetes Trebello de Pontevedra

7 - Atalaia: construción de xoguetes con material de refugallo

8 - AGXPT: Asociación galega de xogos populares e tradicionais

Obradoiro de construción de enrredos

9 - Exposición trofeos

Nº 10 - Obradoiro de birlos, billardas, etc., por Paco García Carreira

Nº 11 - Brinquedia, rede galega do xogo tradicional

Nº 13 - Chiflos de ameneiro, e outros inventos por Camilo da Traba

REMATE

A partires das 7 do serán, entrega de trofeos e fin de festa, na que contaremos con sorpresas moi interesantes.


JUGAJE info nº21 0

Ago11

Información recibida pola asociación europea de xogo tradicional JUGAJE á que pertence Brinquedia. No seu número de xullo de 2009 informan da asamblea xeral da asociación celebrada en Aranda del Duero en xullo deste ano. Entre as novidades destacamos:

  • a admisión como socio á facultade de Ciencias de Educación Física de Coimbra (Portugal)
  • A situación actual do xogo tradicional no mundo e na Unión Europea.
  • Dirversos encontros, festivales e conferencias en torno ao xogo tradicional.
  • E novos materiais pedagóxicos editados.

Para máis información podedes ler o info nº 21 de JUGAJE

XXXI Campionato da Chave en Santiago de Compostela 0

Xul20

sucedeu esta fin de seman en Santiago de Compostela, coincidindo coa semana grande das festas patronais.

Xa ten certo percorrido histórico e, ainda que con menor recoñecemento, tamén sucedeu o campionato feminino na propia Alameda da capital galega.

BRINQUEDIA corre sobre WordPress.