Manifesto do dÃa do peón 2009 0
Nov9
“Manifesto do “DÃa do peón 2009″ realizado polo escritor Suso de Toro.
O manifesto será lido o vindeiro mércores 11 de novembro no Acto Central na Alameda de Santiago de Compostela.
TIRA POLA PIOLA
Traballar todo o ano cansa, traballar un dÃa e mais outro na mesma cousa é aborrecido. Asà e todo hai dÃas nos que o traballador ten o corpo golfo e quere brincar, eses dÃas fabrica cousas para a alegrÃa. Estes dÃas pasados os ferreiros que fan ferramentas e os carpinteiros que amoblan as casas deixaron estar os traballos e armaron animaliños de madeira con punta de ferro. Son bichiños viradores.
Baila, bailarÃn, baila,
Danza, salta, o meu peón,
Brinca a miña buxaina
O meu trompo toleirón
O peón é barrigón e polo pé moi agudo, é un bicho que quere brincar e que naceu aprendido, xa sabe bailar. Nada máis falta que ti aprendas primeiro, a buxaina vai agardar que alguén che ensine primeiro a que a envolvas coa túa piola, a modiño, con xeito, unha volta e mais outra. à que está envolta hai que sacar a lingua polo canto da boca e logo, atención, aà vai o peón!
Elvira, tira,
Manuel, dalle á piola.
Son o teu trompo,
Lánzame que non rompo.
Suso de Toro, 2009