Tag Archives: JUGAJE

Asemblea de verán da AEXDT – 2010

Nas pasadas semanas, concretamente o 9 e 10 de xullo, levouse a cabo a Asemblea de verán da AEXDT. Foi nesta ocasión a localidade portuguesa de Guarda, através dos amigos da Associação de Jogos Tradicionais da Guarda quen acolleu o evento.

A situación actual da Asociación, así como os contatos coa UNESCO e con outras entidades e institucións de distintos puntos do mundo, centraron parte das conversas mantidas nestas xornadas.

Tamén houbo lugar para algunhas demostracións de xogos tradicionais, chegados desde distintos lugares: Neste senso, houbo espazo para a reflexión sobre o deseño do espazo que se pretende para as futuras convocatorias do Euro-festival de xogos.

Continue reading

JUGAJE boletín de Abril 2010

JUGAGE, a asociación europea de xogos tradicionais e populares acaba de publicar o seu boletín nº23 correspondente ao mes de abril de 2010.

Propoñémosvos a súa lectura para estas datas festivas.

JUGAJE info nº21

Información recibida pola asociación europea de xogo tradicional JUGAJE á que pertence Brinquedia. No seu número de xullo de 2009 informan da asamblea xeral da asociación celebrada en Aranda del Duero en xullo deste ano. Entre as novidades destacamos:

  • a admisión como socio á facultade de Ciencias de Educación Física de Coimbra (Portugal)
  • A situación actual do xogo tradicional no mundo e na Unión Europea.
  • Dirversos encontros, festivales e conferencias en torno ao xogo tradicional.
  • E novos materiais pedagóxicos editados.

Para máis información podedes ler o info nº 21 de JUGAJE