Tag Archives: formación

II CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: o xogo tradicional e as didácticas específicas

A AGXPT, socia de Brinquedia, e Nova Escola Galega organizan, por segundo ano consecutivo un curso de formación sobre o patrimonio lúdico. Terá lugar no CEIP Mestre Pastor Barral de Melide os días 22 e 23 de outubro de 2010.

No ano 2009, xa organizaron conxuntamente unha primeira actividade na que se esgotaron todas as prazas ofertadas. Esto provocou que se concebise esta 2ª edición do Curso, centrándose máis nalgunhas didácticasespecíficas pero sen esquecer as perspectivas globais- institucións europeas, universitarias, gobernos locais, ámbito empresarial…- co obxectivo de ir construíndo unha visión o máis completa posible dos procesos de recuperación dos patrimonios lúdicos nacionais.

Atoparás  unha información máis completa así como a ficha de inscrición nas páxina web da AGXPT (www.agxpt.org) e de Nova Escola Galega  ( www.nova-escola-galega.org)

Xornadas de formación de voluntariado para o V Encontro escolar de xogos tradicionais

O venres 9 de Abril na Coruña (CIFP Ánxel Casal) e o sábado 10 de Abril en Lugo (Pazo de Feiras e Congresos) celebráronse as primeiras quendas de formación do voluntariado que participará no V Encontro escolar de xogos tradicionais.

Baixo a dirección de Xabier López, Carmela Rodríguez e Alberto Casal (membros da directiva de Brinquedia), unha trintena de persoas vivenciaron as diferentes propostas lúdicas que o 22 de Maio poderán atoparse no citado Encontro escolar.

Hai que salientar a boa disposición que amosaron todas as persoas participantes, quizais tamén debido á súa formación en organización de actividades, animación e dinamización sociocultural, así como ás direccións dos centros onde se realizou dita formación, poñendo ao noso dispor as súas instalacións.

Outro feito singular é a disparidade de procedencias das participantes (en feminino, pois na súa maioría foron mulleres), tanto da nosa xeografía como incluso de fóra do país.

Formación voluntariado V encontro escolar de xogo tradicional (11 photos)
21 Abril 2010, A Coruña, Lugo
Imaxes tomadas durante a celebración da formación de voluntariado para o V Encontro Escolar de Xogo Tradicional que terá lugar o vindeiro 22 de maio en Lugo.

Note: To see the pictures in the original Picasa album, click here