Arquivo por etiquetas: Add new tag

II CURSO DE FORMACIÓN SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO: o xogo tradicional e as didácticas específicas

A AGXPT, socia de Brinquedia, e Nova Escola Galega organizan, por segundo ano consecutivo un curso de formación sobre o patrimonio lúdico. Terá lugar no CEIP Mestre Pastor Barral de Melide os días 22 e 23 de outubro de 2010.

No ano 2009, xa organizaron conxuntamente unha primeira actividade na que se esgotaron todas as prazas ofertadas. Esto provocou que se concebise esta 2ª edición do Curso, centrándose máis nalgunhas didácticasespecíficas pero sen esquecer as perspectivas globais- institucións europeas, universitarias, gobernos locais, ámbito empresarial…- co obxectivo de ir construíndo unha visión o máis completa posible dos procesos de recuperación dos patrimonios lúdicos nacionais.

Atoparás  unha información máis completa así como a ficha de inscrición nas páxina web da AGXPT (www.agxpt.org) e de Nova Escola Galega  ( www.nova-escola-galega.org)

O V ENCONTRO NA PRENSA

XORNAL EL PROGRESO (LUGO). DOMINGO, 23 DE MAIO DE 2010

2ª feira de xogos tradicionais de Muimenta “xotramu”: 6 de xuño de 2010

O domingo, 6 de xuño de 2010, vaise celebrar a II festa de xogos tradicionais en Muimenta (Lugo) organizado por XOTRAMU.

Ás 11:00 h iniciarase a 2ª feira de xogos tradicionais de Muimenta “xotramu”, na que todos os visitantes poderán participar

XOGOS

Campo nº 1 – Aberto de billarda “filloa 2010”

Coordina a AsociaciónO Varal”

Campo nº 2 – Demostración xogos: Bizkaiko Herri-Kirol Federazioa

Harrijasotzailes – levantadores de pedras

Aizkolaris – cortadores de troncos con machado

Demostración xogos: Juegos de Iparralde

Ungudea – Levantamento de bigorna

Lasto Botatzea – lanzamento de fardo

Lasto Altzatzea – levantamento de fardo

Trontzalaris – corte de troncos con serra

Campo nº 3 – Torneo birlos celtas e de Xove

Campo nº 4 – Torneo birlos en liña e ó canteiro

Equipos: Asociación Arcasco de Órrea, Clube Cruceiro de Meilán de Santa Marta, Clube Ribatra de Remourelle, Clube Campo Cruceiro de Pousada, Clube o Cadaval de Pacios, Clube Xove, Clube XDPT de Santalla.

Campo nº 5 – Torneo chave modalidade de A Coruña.

Equipos do clube da chave de Santa Margarita – A Coruña

Campo nº 6 – Torneo chave modalidade de Ferroltera.

Equipos do clube amigos da chave de Ferrolterra

Campo nº 7 – Torneo chave modalidade de Ourense.

Equipos da Asociación cultural e deportiva da chave de Ourense.

Campo nº 8 – Torneo chave modalidade de Santiago.

Equipos da Asociación da chave de Santiago

Campo nº 9 – Xogos traidicionais de Portugal

A Patela

Virala vara

Campo nº 10- Demostración de A Bugalliña. Xogo realizado por mulleres, e que a día de hoxe, só se xoga no concello ourensá de Carballedo de Avia

Campo nº 11 – Arrebolamento de sacho

Campo nº 12 – A Porca

Campo nº 13 – Xogo de bólas

Campo nº 14 – Competición de peóns

Campo nº 15 – As sete e media

Campo nº 16 – Xogos para rapaces: a bruxa piruxa, carreira de pingüins, paloma, o pano de guante-guante, carreira de sacos….. acompañados por xente da asociación.

Campo nº 17 – Lanzamento de boinas

Campo nº 18 – Xogo libre de chave na modalidade de A Coruña

Campo nº 19 – Xogo libre de chave na modalidade Ferrolterra

Campo nº 20 – Xogo do ferrón

Campo nº 21 – Xogo libre de chave na modalidade de Ourense

Campo nº 22 – Xogo da ra

Campo nº 23 – Zancos, para todas as idades

Campo nº 24 – Demostración de carriladas

Coordina, pilotos da asociación da baixada de carriladas a San Mamede

Campo nº 25,26 – Xogos de pesca, o zambombazo…

Campo nº 27,28 – Nabo ó caldeiro, o maitines, o anel…

Campo nº 29,30 – O retranco, a estrela …

Campo nº 31,32 – Choque choqueiro …

Campo nº 33,34 – A zoadeira, o zocalán, o cadro, o rondo, o chino …

Campo nº 35,36 – O chanto, o trinco …

Campo nº 37 – A zoca.

Campo nº 38 – A Torada

Campo nº 39 – O Palmo

Campo nº 40 – Tiro con arco artesan, para rapaces.

EXPOSICIÓNS E OBRADOIROS

1 – Xogo de tirapedras.

2 – Tiro ó bote

3 – Tres en raia, o Muiño

4 – Exposición xoguetes esquecidos (1) . obradoiro de enredos

5 – Exposición xoguetes esquecidos (2), obradoiro de construción de xoguetes

6 – Xoguetes Trebello de Pontevedra

7 – Atalaia: construción de xoguetes con material de refugallo

8 – AGXPT: Asociación galega de xogos populares e tradicionais

Obradoiro de construción de enrredos

9 – Exposición trofeos

Nº 10 – Obradoiro de birlos, billardas, etc., por Paco García Carreira

Nº 11 – Brinquedia, rede galega do xogo tradicional

Nº 13 – Chiflos de ameneiro, e outros inventos por Camilo da Traba

REMATE

A partires das 7 do serán, entrega de trofeos e fin de festa, na que contaremos con sorpresas moi interesantes.