Etiqueta Add new tag

O V ENCONTRO NA PRENSA 0

Mai26

XORNAL EL PROGRESO (LUGO). DOMINGO, 23 DE MAIO DE 2010

2ª feira de xogos tradicionais de Muimenta “xotramuâ€: 6 de xuño de 2010 1

Mai25

O domingo, 6 de xuño de 2010, vaise celebrar a II festa de xogos tradicionais en Muimenta (Lugo) organizado por XOTRAMU.

Ãs 11:00 h iniciarase a 2ª feira de xogos tradicionais de Muimenta “xotramuâ€, na que todos os visitantes poderán participar

XOGOS

Campo nº 1 - Aberto de billarda “filloa 2010â€

Coordina a AsociaciónO Varalâ€

Campo nº 2 - Demostración xogos: Bizkaiko Herri-Kirol Federazioa

Harrijasotzailes – levantadores de pedras

Aizkolaris – cortadores de troncos con machado

Demostración xogos: Juegos de Iparralde

Ungudea – Levantamento de bigorna

Lasto Botatzea – lanzamento de fardo

Lasto Altzatzea – levantamento de fardo

Trontzalaris – corte de troncos con serra

Campo nº 3 - Torneo birlos celtas e de Xove

Campo nº 4 - Torneo birlos en liña e ó canteiro

Equipos: Asociación Arcasco de Órrea, Clube Cruceiro de Meilán de Santa Marta, Clube Ribatra de Remourelle, Clube Campo Cruceiro de Pousada, Clube o Cadaval de Pacios, Clube Xove, Clube XDPT de Santalla.

Campo nº 5 - Torneo chave modalidade de A Coruña.

Equipos do clube da chave de Santa Margarita – A Coruña

Campo nº 6 - Torneo chave modalidade de Ferroltera.

Equipos do clube amigos da chave de Ferrolterra

Campo nº 7 - Torneo chave modalidade de Ourense.

Equipos da Asociación cultural e deportiva da chave de Ourense.

Campo nº 8 - Torneo chave modalidade de Santiago.

Equipos da Asociación da chave de Santiago

Campo nº 9 - Xogos traidicionais de Portugal

A Patela

Virala vara

Campo nº 10- Demostración de A Bugalliña. Xogo realizado por mulleres, e que a día de hoxe, só se xoga no concello ourensá de Carballedo de Avia

Campo nº 11 - Arrebolamento de sacho

Campo nº 12 - A Porca

Campo nº 13 - Xogo de bólas

Campo nº 14 - Competición de peóns

Campo nº 15 - As sete e media

Campo nº 16 - Xogos para rapaces: a bruxa piruxa, carreira de pingüins, paloma, o pano de guante-guante, carreira de sacos….. acompañados por xente da asociación.

Campo nº 17 - Lanzamento de boinas

Campo nº 18 - Xogo libre de chave na modalidade de A Coruña

Campo nº 19 - Xogo libre de chave na modalidade Ferrolterra

Campo nº 20 - Xogo do ferrón

Campo nº 21 - Xogo libre de chave na modalidade de Ourense

Campo nº 22 - Xogo da ra

Campo nº 23 - Zancos, para todas as idades

Campo nº 24 - Demostración de carriladas

Coordina, pilotos da asociación da baixada de carriladas a San Mamede

Campo nº 25,26 - Xogos de pesca, o zambombazo…

Campo nº 27,28 - Nabo ó caldeiro, o maitines, o anel…

Campo nº 29,30 - O retranco, a estrela …

Campo nº 31,32 - Choque choqueiro …

Campo nº 33,34 - A zoadeira, o zocalán, o cadro, o rondo, o chino …

Campo nº 35,36 - O chanto, o trinco …

Campo nº 37 - A zoca.

Campo nº 38 - A Torada

Campo nº 39 - O Palmo

Campo nº 40 - Tiro con arco artesan, para rapaces.

EXPOSICIÓNS E OBRADOIROS

Nº 1 - Xogo de tirapedras.

Nº 2 - Tiro ó bote

Nº 3 - Tres en raia, o Muiño

Nº 4 - Exposición xoguetes esquecidos (1) . obradoiro de enredos

Nº 5 - Exposición xoguetes esquecidos (2), obradoiro de construción de xoguetes

Nº 6 - Xoguetes Trebello de Pontevedra

Nº 7 - Atalaia: construción de xoguetes con material de refugallo

Nº 8 - AGXPT: Asociación galega de xogos populares e tradicionais

Obradoiro de construción de enrredos

Nº 9 - Exposición trofeos

Nº 10 - Obradoiro de birlos, billardas, etc., por Paco García Carreira

Nº 11 - Brinquedia, rede galega do xogo tradicional

Nº 13 - Chiflos de ameneiro, e outros inventos por Camilo da Traba

REMATE

A partires das 7 do serán, entrega de trofeos e fin de festa, na que contaremos con sorpresas moi interesantes.


V ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS 0

Mai2

Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Sábado, 22 de maio de 2010

cartaz V Encontro

cartaz V Encontro

Aberto o prazo de inscrición para participar no V Encontro escolar de xogos tradicionais. Nestes días (ata o 7 de maio) brindamos a todos os centros educativos de ensino non universitario de Galiza a información necesaria para que todas e todos se animen a participar en familia nun día tan sinalado.

O Encontro escolar de xogos tradicionais trata de ser un lugar de encontro lúdico para nenas e nenos de todo o país, realizado a través dos xogos tradicionais.

O obxectivo é a práctica dos xogos ao longo de todo o curso; ese día brindamos un espazo para xuntárense alumnado, profesorado e familias de centros que xa veñen disfrutando deses e outros xogos ao longo do ano. É un día para xogar e relacionarse uns cos outros, non para competir.

Mañá (10 - 14 h)

  • Práctica de xogos (dirixidos por voluntariado) por parte do alumnado participante, con rotación libre e acompañados por profesorado.
  • Obradoiros de construción de xogos ou enredos
  • Espazos expositivos: artesáns, xogueterías, librerías, asociacións …

Xantar coas familias e profesorado (14 - 16 h)

Tarde (16 - 18 h)

  • Exhibición de xogos
  • Práctica deses xogos polo alumnado e familias
  • Entrega de agasallos: un para cada participante.
OBRIGAS
  1. Deberán remitir por correo ao enderezo “Rúa dos Chaos s/n C.P.: 32001, Ourense” ou ben por correo electrónico a brinquedia tanto a ficha de inscrición cos datos requiridos  coma o certificado de participación, aprobado polo Consello Escolar.
  2. Os xogos deben ser practicados previamente nos centros escolares que se inscriban (explicación dos mesmos en anexo xa enviado).
  3. Designar a unha persoa de contacto.
  4. Asignar unha persoa a cada grupo de alumnos e alumnas que envíe o centro escolar (por grupos de idade ou ciclos, dependendo do número).
  5. Enviar cada nena ou neno de Educación infantil acompañadas/os con algún familiar.
  6. Construir alomenos unha carrilana e traela ao Encontro.
  7. Facerse cargo dos gastos de transporte.
COMISIÓN ENCARGADA DO V ENCONTRO
  • Alberto Casal: 649981841
  • Carmela Rodríguez: 616253061
  • Xabier López: 981459022
DÃPTICO DO ENCONTRO
parte anterior di d?ptico para o V encontro escolar

parte anterior di díptico para o V encontro escolar

parte posterior do d?ptico do V encontro escolar

parte posterior do díptico do V encontro escolar

BRINQUEDIA corre sobre WordPress.