Distribución dos xogos da mañá

Ultimando os preparativos, velaí vai a distribución dos xogos da mañá do XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

Xornada de formación de voluntariado para o XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

O pasado xoves, membros de Brinquedia desprazáronse ata o CIFP Ánxel Casal de A Coruña para realizar a formación de parte do voluntariado que este ano levará os xogos da mañá.

Así, alumnado dos ciclos de Formación Profesional de Animación Sociocultural e Turística e de Educación Infantil tiveron contacto cunha parte dos xogos que quedaban por cubrir.

Cómpre lembrar que tamén contaremos con voluntariado que foi formado o ano pasado tanto neste centro coruñés coma no CIFP Ferrolterra e que, a pesares da cancelación do evento por mor das inclemencias meteorolóxicas, desexan participar nesta segunda tentativa de levar o Encontro a terras de San Sadurniño.

Só nos queda agradecer encarecidamente tanto a esta xente nova coma ao profesorado que a acompaña a súa participación no Encontro, xa que sen a súa implicación a  celebración do mesmo atoparía serias dificultades para poder ser levado a cabo.

 

Ampliación do prazo de inscrición para o XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Debido a que o prazo establecido para realizar a inscrición remataba dentro dun período non lectivo, para facilitar o traballo dos centros decidiuse ampliar o mesmo ata o 25 de abril.

Agardamos que esta decisión facilite o traballo a realizar polos diferentes centros educativos e entidades que desexan participar nun dos maiores eventos de xogo tradicional que se desenvolven en Galicia.