TASTARABÁS

Despois de moito tempo de traballo, o compañeiro Antón Cortizas ve publicada a súa derradeira obra relacionada co mundo do xogo tradicional: “TASTARABÁS. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza”.

Se xa o seu “Chirlosmirlos” converteuse dende a súa publicación ate o día de hoxe coma unha referencia, non dubidamos que esta nova obra acadará grandes cotas.

A continuación, podedes atopar nas seguintes ligazóns entrevistas realizadas ó autor co gallo da publicación da súa derradeira obra:

Diario de Ferrol.

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Blog de Xerais.

A Asociación Cultural “Ponte… nas ondas!” convoca o seu XIX certame.

Baixo o título de “Re-creármonos co patrimonio lúdico“, esta veterana asociación ven de convocar un certame centrado na recuperación de aspectos tales coma xogos, xoguetes e enredos.

Tal e como indican na súa convocatoria “trátase de participar realizando un programa audiovisual (en formato audio ou vídeo) que teña unha relación co tema proposto nesta edición: o lecer e o patrimonio lúdico galego-portugués“.

Pódese obter máis información na súa páxina web www.pontenasondas.org ou facendo clic na seguinte imaxe (cartaz do certame).


Mapa do Día do Peón 2012

Aquí temos a distribución xeográfica de participantes nesta edición do Día do Peón.

Agradecémoslle a tódolos centros participantes a información enviada sobre a súa implicación nesta actividade.

Así mesmo, destacamos a participación, un ano máis, da Ikastola Alkartu de Barakaldo, onde máis de 600 persoas entre alumnado, profesorado e familias tomaron parte no evento. Pódese atopar máis información ó respecto nesta ligazón, así coma visualizar unha galería de fotos.

Ademais, tamén fíxose eco desta actividade o Instituto de Flix (Tarragona). Pódese atopar máis información neste blogue.