A través deste proxecto, Brinquedia pretende pór en marcha outra iniciativa de concienciación social sobre a necesidade da conservación e promoción do noso patrimonio lúdico.
En que consiste?
En que aquelas persoas que así o desexen, por un importe de tan só 1 €, poderán apadriñar un xogo durante todo un ano. A lista de padriños e madriñas, así coma o xogo que apadriñan, aparecerán nesta páxina web (a non ser que se manifeste o contrario).
Que xogos poden ser apadriñados?
Por exemplo, calquera dos que conforman a batería de xogos que realizamos no Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. Tamén terá cabida calquer outro con consideración de xogo tradicional.
Como apadriñar?
Directamente, nas actividades onde Brinquedia estea presente; ou “a distancia”, escribindo un correo electrónico a brinquedia@brinquedia.net manifestando o interese en apadriñar. Ese correo terá resposta e nel indicarase un número de conta no que facer o ingreso correspondente. Dado que as entidades bancarias adoitan cobrar por realizar ingresos en conta, recoméndase contactar con varias persoas interesadas en apadriñar, e facer un ingreso conxunto.
E os cartos, para que se van empregar?
Os cartos recadados con esta iniciativa servirán para axudar a manter viva Brinquedia, contribuíndo á continuidade de iniciativas tan nosas coma o Encontro Escolar de Xogos Tradicionais ou o Día do Peón.
Persoas que apadriñan no ano 2017:
Mercedes Taibo Rey (Narón, 58 anos): a corda. Jonathan Bellón Villar (Narón, 14 anos): os zancos. Vicente Bellón Jorge (As Pontes, 40 anos): o peón. Nelson Bonome López (San Sadurniño, 9 anos): carrilanas, as bólas, birlos de Parada de Sil, birlos de Riotorto, escopeta de tapóns. Neila Bonome López (San Sadurniño, 3 anos): zancos, arrastramortos, o brilé, a ra, carreira de sacos, o peón. OZOCOgz (O Carballiño, 5 anos): a buxaina. Nerea Italia Couce (San Sadurniño, 6 anos): o pano. Sergio Italia Couce (San Sadurniño, 10 anos): a ra. Aldara Loureiro Bazo (San Sadurniño, 6 anos): a ra. Adrián Fernández Cibreiro (San Sadurniño, 9 anos): o peón, carrilanas, a ra. Brais Fernández Cibreiro (San Sadurniño, 7 anos): o brilé, carreira de sacos. Álvaro Medín Blas (Ferrol, 3 anos): carrilanas. Diana Pita Regueira (San Sadurniño, 9 anos): baile das fitas. Noa Cortizas (San Sadurniño, 11 anos): o brilé, a cadea. Jaime Rodríguez (San Sadurniño, 9 anos): o brilé, os zancos. Catalina Rodríguez (San Sadurniño, 13 anos): o brilé, a cadea. Diego García Meizoso (A Capela, 7 anos): a porca. Daniel Golpe Pérez (A Capela, 8 anos): carrilanas. Dani Calvo Quintiá (A Capela, 6 anos): o peón. Uxía Lorenzo Pérez (San Sadurniño, 9 anos): o zambombazo. Sara Lorenzo Pérez (San Sadurniño, 5 anos): escopeta de tapóns. Jose Ramón Rouco García (Narón, 41 anos): arrebolamento de goxo. Julián Vieito Oreona (A Laxe-Valón, 7 anos): carrilanas. Juan Lorenzo Farinós Cartelle (A Laxe-Valón, 4 anos): carrilanas. Noa Lubián Marilor (A Coruña, 4 anos): a casa do rato. Iago Lubián Marilor (A Coruña, 7 anos): loita tradicional galega. Airas Marcal Sueiras (A Capela, 7 anos): loita tradicional galega. María Lubián (Lubián, 33 anos): os zancos. Antón Marcal (A Capela, 45 anos): birlos de Parada de Sil. Martín Vázquez Taibo (Narón, 29 anos): tirada de corda. Ana Vázquez Fano (Narón, 58 anos): o peón. Luciano Fernández (Narón, 58 anos): o guá, o peón. Manuela Vázquez Coto: a bugalliña, o brilé, a mariola, as canicas, a corda.
Pingback: Actualización de “madriñas e padriños”. | BRINQUEDIA