LUDARIA

Por primeira vez na historia, Galicia será a organizadora do Festival Europeo de Xogos Tradicionais. Baixo o nome de LUDARIA, este singular evento conta cunha chea de actividades paralelas como son:

A Asemblea da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais.

O Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

O Festival Internacional de Xogos e Deportes Tradicionais.

Outros eventos musicais, comunicacións e congresos paralelos sobre a temática que nos ocupa: os xogos e deportes tradicionais.

Debido ás especiais características desta iniciativa, optouse pola creación dunha páxina web específica onde recoller a información da mesma, á que pódese acceder facendo clic na seguinte imaxe:

Algunhas das razós para asistir e/ou colabourar na celebración de Ludaria en Ourense son as seguintes:

Actividade de posta en valor do Patrimonio Inmaterial, polo que Ourense converterase na referencia europea do Xogo e Deporte Tradicional no ano 2013.

Evento internacional, con representación de nacións europeas e convidados doutros continentes: España, Portugal, Francia, Bélxica, Italia, Marrocos, México, etc.

Actividade polifacética, combinando espectáculos, música, circuíto de actividades participativas, encontro escolar, etc.

A documentación dispoñible ate o momento é a seguinte, e pode descargarse en formato PDF facendo clic nas imaxes:

Convocatoria ós centros educativos de Galicia:

Convocatoria para o voluntariado:

Convocatoria para fornecedores/colaboradores:

 

Deixa unha resposta