Convocado o VI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

O vindeiro sábado 2 de xuño, Brinquedia organiza a VI edición do seu Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. O evento celebrarase no recinto da Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada.

Podedes atopar información máis detallada ó respecto descargando o díptico en pdf: interiordiptico e portadadiptico

Os centros e entidades interesadas en participar só tendes que cubrir e enviarnos por correo electrónico (antes do 25 de maio) a ficha de inscrición (podedes descargala aquí), e contribuir na organización do evento aportando unha carrilana.

A batería de xogos propostos para a mañá podes descargala na seguinte ligazón: xogos-do-encontro

Así mesmo, estamos á procura de voluntarios que colaboren durante o desenvolvemento das actividades. Se te animas e atópaste interesado, non tes máis que escribirnos a brinquedia@brinquedia.net

Por último, para aqueles que desexen comer “de prato”, nas instalacións hai un restaurante e, para poder realizar reserva no mesmo, hai que contactar con Fernando (do Asador Leo) no 689 398 178.

One Response to Convocado o VI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

  1. Pingback: Quedan 5 días para formalizar a inscrición no VI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais « BRINQUEDIA

Leave a Reply