ASEMBLEA DE VERÁN DA AEXDT – MAUVEZIN (GERS)

Pills viagra online canadian pharmacy online viagra

Entre o 24 e 0 26 de xuño desenvolvíase na localidade francesa de Mauvezin (Gers – Pays Ports de Gascogne) a Asemblea de verán da AEXDT, exercendo como organizadoras/es e excepcionais anfitrións/oas as/os compañeiras/os de FDFR 32 (Foyers ruraux – CRJSTO).
Despois de aprobar as contas, a acta da asemblea anterior e o informe moral do seu Presidente, informouse sobre as novas incorporacións á Asociación, entre as que se atopan a Fundacion Zaragoza 2016, os bretóns de Ti ar Gouren e as asociacións catalanas Lo LlautAnem de Bolit.

Asi mesmo, informouse dos actos e eventos nos que ten participado a AEXDT desde a Asemblea de Guarda do ano pasado; as Conferencias de Aosta, Valencia, Lesneven… así como o Congreso do ITSGA (Asociación Internacional de Xogos e Deportes Tradicionais, de recente creación), previsto para o vindeiro mes de setembro na localidade italiana de Verona, dentro do marco do Toca-tí.

Por outra parte, informouse da moción ao Parlamento europeo e da campaña de presión sobre a Comisión Europea para a posta en valor do patrimonio lúdico. En España tense recibido resposta de 2 persoas: a galega Ana Miranda (BNG) e o catalán Santiago Fisas Ayxelá (PP). Por proximidade, encargouse a Paco Veiga (da AGXPT) facer as xestións oportunas e o seguimento de Ana Miranda, mentres que os cántabros de Madera de ser e a Fundación Laya farán o propio con Santiago Fisas.

Noutro punto da orde do día debateuse sobre a necesidade de protocolarizar a presentación de candidaturas para a realización das asembleas da asociación. Cada vez son máis as entidades que compoñen a asemblea da asociación e -portanto- son máis as entidades e as poboacións que queren acoller unha reunión da mesma. Despois de propoñer que as candidaturas fosen presentadas 2 anos antes e deixar aberta a posibilidade de presentalas no marco da asemblea do ano anterior, aquendouse en redixir unha norma relativa ao prazo de admisión de candidaturas.

Por outra parte, presentouse un octólogo de estilo que axude a proxectar unha imaxe común na organización das asembleas e eurofestivais, froito do documento debatido na asemblea do ano anterior, en Guarda (Portugal).

Tamén se presentaron as candidaturas para celebrar as asembleas dos 2 vindeiros anos. O 2012 será Rodez quen acolla este acto, pois celebran o centenario do nacemento da Federación de Quilles de huit aniversario. Para o 2013 Brinquedia presentaba a súa candidatura coa intención de organizar a asemblea en Galiza. Candidatura baseada nos camiños de Europa cara a fisterra galega (o camiño de Santiago), como canle de comunicación cultural onde se teñen compartillado históricamente tradicións e costumes das distintas comunidades culturais europeas. Asemade, a candidatura quer ofrecer unha imaxe integradora do xogo de tradición cultural.
O aspecto académico do evento versaría sobre unha análise dos procesos migratorios e a súa influencia nos xogos de tradición cultural. Por outra parte, este festival pretende celebrarse ao longo de varias semanas en distintos pontos do noso país, achegando actividades –de maior ou menor formato- a distintas poboacións galegas. A asemblea aprobou por unanimidade a nosa candidatura.

Por último, presentouse a Fundacion Laya, unha fundación española para a promoción do patrimonio lúdico, cuxo padroado está formado por J. Ángel Hoyos, Fernando Maestro, Pere Lavega, Arantxa Rodrigo e Lois Pardo. Esta entidade vai desenvovler actividades de investigación e recompilación (nomeadamente) en todo o territorio estatal. Actualmente ven de asinar un convenio de colaboración coa Universidade de Zaragoza e agardan asinar ao longo de verán un outro convenio co Consejo Superior de Deportes.

Eis algunhas fotos dos actos:


Altega

Deixa unha resposta