PROPOSTA AO PARLAMENTO EUROPEO PARA UNHA RESOLUCIÓN SOBRE OS XOGOS E DEPORTES DE TRADICIÓN CULTURAL EN EUROPA

A Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais (AEXDT), ONG internacional cuxo traballo é recoñecido pola UNESCO, solicita aos seus representantes do Parlamento Europeo o recoñecemento oficial dos xogos e deportes de tradición cultural na unión Europea. A AEXDT, creada no 2001, e as seus cincuenta e oito organizacións inscritas, entre as que se atopa BRINQUEDIA, representando a centenares de miles de persoas, considera que a nosa sociedade esixe xa este paso histórico.

Desde a directiva de Brinquedia e desde a AGXPT, tamén membro da nosa asociación, mantivéronse contactos con Ana Miranda, eurodiputada do BNG no Parlamento Europeo. A través do seu grupo Verdes – Alianza Libre Europea proponen as seguintes iniciativas:

  • unha iniciativa parlamentar dirixida á Comisión Europea (a cuestión escrita depositada no Parlamento polo eurodiputado Oriol Junqueras pódese consultar na seguinte ligazón)

http://www.europarl.europa.eu/sides/getDoc.do?pubRef=-//EP//TEXT+WQ+E-2011-004920+0+DOC+XML+V0//ES

  • unha declaración por escrito, para o que necesitan a sinatura de 40 eurodiputados/as de 3 grupos políticos distintos
  • enmendas ao informe dos deportes dentro da comisión de cultura e deporte del Parlamento Europeo.

Outras iniciativas postas en marcha dende entidades socias da AEXDT:

A Federación Cántabra de Birlos e o Proxecto Educativo Madeira de Ser escribiu a 50 deputados españois. Un entre eles, Santiago FISAS AYXELA, antigo Secretario de Estado dos deportes, propón participar no Congreso de Mauvezin co fin de estudar os problemas.

Os Presidentes da Asociación Parlamentaria francesa dos Xogos e Deportes Tradicionais escribiron a 78 parlamentarios co fin de informalos da moción do AEJDT e pedirlles intervir ante os deputados europeos do seu territorio.

Deixa unha resposta