
En horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00h un grupo de estudantes da Universidade e voluntarios e voluntarias de distintas ONGs poideron entrar en contacto dun xeito teórico e práctico co mundo do xogo tradicional, contemplado este desde distintos puntos de vista: lúdico, educativo, cultural. Resultou ser unha xornada moi proveitosa e que xenera moitas posibilidades de abrir canles de transmisión deste rico patrimonio.