Baixadas de carrilanas

En pleno verán estanse a desenvolver por todo o país diversas concentracións e baixadas de carrilanas. Algunhas delas conforman probas puntuables para os campionatos galego e español; outras conservan un ton máis lúdico e festivo exclusivamente. Tamén as tradicionais carrilanas de madeira vanse vendo substituidas -pouco a pouco- pola fibra de vidro e outras práticas do que se ven en chamar “deportes de inercia”.

Nas pasadas semanas celebraron-se distintas baixadas, entre a que podemos salientar a de Viloira – O Barco o 10 e 11 de xullo, onde se contabilizaron 103 inscripcións, chegadas –á parte de Galiza- de Barcelona, Asturias, Castela e León.

Eis un video da proba.

Esta proba estaba organizada pola Concellaría de Deporte e Xuventude d’O Barco, e incluiu a organización dunha exhibición nocturna. Outra novidade foi, no ámbito gastronómico, a paella xigante que se degustou na noite do sábado, nas piscinas municipais.

Baixada de Arrabaldo
Desde a proba d’O Barco, os afeccionados tiveron ocasión de participar das xuntanzas de Cabral, Ceboliño, Abadín ou Valdoviño, abrindo-se unha nova data no calendario para a vindeira semana. Sta. Cruz de Arrabaldo, en Ourense será quen acolla o sábado 21 de agosto unha nova proba puntuable para o Open Internacional.
Mais informacion

Aquí tamén podes consultar o que foi (e está a ser) o calendario de baixadas de carrilanas para o ano 2010

Leave a Reply