Convocatoria para participar como voluntaria/o no V Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Dende Brinquedia, como en anos anteriores, convidámosvos a que participedes na Organización do V Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. A vosa aportación como voluntarias e voluntarios para monitorizar os xogos non só enriquece a vosa formación, senón tamén enche de valores positivos o contacto cos centos de nenas e nenos que cada ano acuden á nosa convocatoria, divulgando o patrimonio lúdico comezando pola base, polos escolares galegos e os seu futuros ensinantes.

Como novidade, e mellorando o proceso formativo, poderemos emitir unha certificación oficial a través da Universidade de Santiago de Compostela – Campus de Lugo. Emporiso, para que poidamos certificar a vosa participación, as persoas que desexen colaborar no V Encontro de Xogos Tradicionais deben inscribirse antes do 15 de marzo como voluntarios na oficina do SEPIU e asistir á formación programada por Brinquedia-Rede Galega de Xogo Tradicional. Para optar a esa certificación oficial deberedes contactar con:

Fátima Teixeiro
Servizo de Participación e Integración Universitaria
Edificio Intercentros. Campus de Lugo  –
982 285 900 ext 23573

E para participar na formación, enviade un correo a brinquedia@brinquedia.net adxuntando a ficha de datos (datos_voluntariado) cuberta.

Máis información:

Deixa unha resposta