XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais: como chegar.

Partindo da base de que chegar a San Sadurniño non debería ser complicado, velaí vai un plano de ubicación que pode axudar a atopar mellor a área onde se desenvolverá o Encontro (clic na imaxe para ampliala).

Chegando a San Sadurniño, tras pasar a ponte sobre o río Xubia, deixamos á nosa esquerda a panadería “O Inxerto”. Comeza unha pequena subida e, a continuación dun indicador no que figura “Ortigueira 35”, sae a man dereita unha pista, que é por onde deberemos coller.

A poucos metros atópase á esquerda a entrada do aparcamento (só válido para turismos e vehículos lixeiros), e un pouco máis adiante a Finca da Cortiña, que é o emprazamento onde se desenvolverá a xornada.

Os autobuses, para poder xirar, deberán continuar ata o Concello e dar a volta na rotonda.

 

Deixa unha resposta