Comunicado sobre o XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

Dende a Xunta Directiva de Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional queremos desculparnos encarecidamente polo problema acaecido este ano co XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, sendo a primeira vez que debemos adiar o evento.

O motivo da cancelación estivo ocasionado polo revés da chuvia e dun contratempo de última hora coas instalacións cubertas, considerando que a mellor opción para a seguridade, principalmente das nenas e nenos participantes, era suspender a xornada do sábado.

Sentimos as molestias ocasionadas a todas as persoas que facedes posible a celebración do Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, pois sen vós, a vosa confianza e apoio, sería impensable continuar co evento ano tras ano:

En primeiro lugar, ás e ós participantes dos diferentes centros educativos, que cada ano vides xogar con nós, que nos motiva a continuar cada ano.

Ao voluntariado, que continua crecendo, e sen o que sería imposible a súa celebración.

Ás persoas colaboradoras dos diferentes grupos e asociacións, que sempre poñen á nosa disposición os xogos e o seu tempo.

E ás entidades patrocinadoras, como Gadis ou Feiraco, e Concellos que cada ano fan posible que o xogo tradicional teña un lugar de encontro.

Esperamos seguir contando con vós, e en breve esperamos poder aportarvos algunha nova relacionada coa xornada adiada. Grazas, grazas e novamente grazas.

Deixa unha resposta