Convocatoria do Día do Peón 2017

logo_dia_do_peon

Outro ano máis,  achegándonos ao mes de novembro, temos a ben convocar a celebración do Día do Peón. E con esta xa imos pola decimoterceira edición!

Baixo o lema de “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, pretendemos que os días previos e posteriores ao 11 de novembro (este ano  coincide en sábado) se convirtan nunhas datas na que os peóns tomen as prazas e rúas do país.

lonapeon

Así, nun correo electrónico enviado aos centros de ensino galegos e a outras entidades e asociacións, convidamos a participar nesta actividade e a fomentar a recuperación do noso patrimonio lúdico.

No apartado de “Recursos” atoparedes documentación e materiais que poden ser de utilidade para a organización da actividade.

recursospeon

Respecto do Acto Central e do Manifesto atopámonos pendentes de concretar uns pequenos aspectos. En canto estean dispoñibles publicaremos ao respecto.

O cartaz desta edición (clic para descargar):

CARTAZ_2017

Xa para rematar, agradeceriamos aos centros educativos e entidades participantes nesta actividade que remitisen os seus datos de participación cumprimentando o seguinte cuestionario:

recollida

 

Deixa unha resposta