Presentación da base de datos de “Patrimonio Lúdico Galego”.

Na mañá do día de hoxe, o Consello da Cultura Galega acolleu a presentación da “Guía de recursos sobre o patrimonio lúdico galego”.

IMG-20170616-WA0003

patrimonioludico

Trátase dunha compilación de recursos dispoñible nos seguintes enderezos web: www.xogostradicionais.gal e www.xogospopulares.gal … o cal é froito da colaboración de diferentes entidades que traballan a prol da promoción e recuperación dos xogos e deportes tradicionais galegos como  Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, Brinquedia, Etnoga, Melga (Museo etnolúdico de Galicia) ou  Xotramu (Xogos Tradicionais de Muimenta), así como doutras persoas colaboradoras a título individual.

PLG_logo

Agardamos que esta guía se constitúa nun referente de consulta para todas aquelas persoas con inquedanzas relacionadas co eido do xogo tradicional, e que coas achegas que se reciban configure un mapa veraz da realidade do mesmo en Galicia.

Deixa unha resposta