Actualización de “madriñas e padriños”.

No pasado Encontro Escolar de Xogos Tradicionais volvemos poñer en marcha a iniciativa “Apadriña un xogo”. Con ela pretendemos dúas cousas: concienciar sobre a necesidade de preservar o noso patrimonio lúdico, así como obter unha pequena cofinanciación para as actividades que desenvolve Brinquedia (a este respecto, queremos destacar que só en casos moi puntuais obtivemos subvencións das administracións).

Se apadriñaches ou amadriñaches un xogo, podes buscarte no apartado “Apadriña un xogo” ou ben facendo clic na seguinte imaxe:

Cartazapadriña

E se aínda non apadriñaches ou amadriñaches e estás interesado/a, atoparás como facelo.

Deixa unha resposta