“O recuncho das argalladas”: exposición permanente sobre o xoguete tradicional en Lourenzá.

Da man de dous vellos colaboradores, Manolo García e Pepe López, atopamos esta exposición ubicada na Fortaleza de Tovar,  a cal foi inaugurada recentemente. Na súa páxina web pódese atopar o horario de visitas:fortalezatovar

Para quen quera saber máis do que se pode atopar na mesma recomendamos a lectura dun texto dos seus autores, á cal poderedes acceder facendo clic na seguinte imaxe:

rinconxoguete

Sabendo da traxectoria destes compañeiros só nos queda recomendar encarecidamente a súa visita, así como desexarlles o éxito e a repercusión que merecen estas iniciativas a prol do xogo e do xoguete tradicional.

Deixa unha resposta