Día do Peón 2016: que pasou?

Con máis retraso do que contabamos, velaí vai a crónica desta edición do Día do Peón.

Segundo os datos facilitados, e sendo sabedores de que participaron bastante máis centros, temos elabourado un mapa cos centros educativos participantes (que inclúe a un centro vasco) que nos facilitaron os seus datos de participación.

As lendas de cores son as seguintes:

  • En cor verde: inclúense ligazóns a publicacións web relacionadas coa actividade.
  • En cor azul: non hai dispoñibles ligazóns.
  • En cor malva: desenvolvemento do Acto Central.

mapapeon2016

Os datos resumidos:

  • 27 centros educativos.
  • Máis de 4.300 alumnos e alumnas participando.
  • Preto de 300 mestras e mestres colabourando.

Agardamos que en vindeiras edicións podamos encher de máis puntiños este mapa, e animamos a que todas as futuras participacións nos fagar chegar información ao respecto.

Xa para rematar, agradecemos publicamente os ánimos e verbas recollidas para seguir dándolle continuidade a esta iniciativa.

Deixa unha resposta