Presentación do X Encontro Escolar de Xogos Tradicionais na Deputación de Lugo

O pasado venres 27 reuniuse en Lugo unha representación de Brinquedia e Xotramu (entidade que acolle dentro da súa Festa de Xogos Tradicionais esta edición do Encontro) con Xosé Ferreiro, Delegado de Cultura da Deputación de Lugo, para realizar a presentación oficial da actividade.

presXencontro

Ferreiro destacou “a importancia do traballo de recuperación deste patrimonio por parte de Xotramu e Brinquedia, ambos colectivos que realizan unha intensa labor de divulgación por toda Galiza e que son un exemplo a seguir á hora de realizar traballo cultural de base” dixo.

Nesta presentación contouse cunha pequena mostra dos xogos que poderán ser practicados durante a actividade, e dos que máis de un non se resistiu a probar.

presXencontro2              preXencontro3

 

Leave a Reply