Acto Central do Día do Peón: vídeo.

Nesta edición, o Acto Central celebrouse baixo a organización do CPI de San Sadurniño coa participación de varios centros educativos da comarca de Ferrolterra, o Eume e Ortegal  (CEIP de San Ramón -Moeche-, CEIP de Centieiras -Fene-, CEIP A Laxe-Valón -Ferrol-, CEIP Mosteiro de Caaveiro -A Capela- e CRA de Valdoviño).

Un total de 560 rapaces e rapazas, e de cativos e cativas, tomaron parte das diferentes actividades organizadas para a ocasión. E como unha imaxe (neste caso, un vídeo) vale máis ca mil palabras, facendo clic na seguinte imaxe accederedes á web do CPI de San Sadurniño onde publican un vídeo-resumo da actividade.

CapturawebCPISanSadurniñoActoCentral

Deixa unha resposta