Xornada de formación do Voluntariado do IX Encontro

Para o desenvolvemento de parte das actividades do IX Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, volvemos contar coa inestimable colaboración de alumnado e profesorado do CIFP Ánxel Casal de A Coruña.

IMG_1184

Coma noutras edicións, membros de Brinquedia desprazáronse ata este centro para realizar unha actividade de formación co alumnado que, dunha forma voluntaria, encargarase de monitorizar a meirande parte dos xogos que se ofertarán aos/ás asistentes durante a mañá.

Nesta xornada de formación o voluntariado obtivo información de en que consiste o Encontro e cal é a súa filosofía, vivenciou unha batería de xogos, e froito disto nace o compromiso dunha chea de mozas e mozos por colaborar nunha actividade que contribúe ao mantemento do noso patrimonio lúdico.

IMG_1169  IMG_1172

Só nos queda agradecer fondamente a este alumnado e ao profesorado implicado a súa participación neste Encontro, desexando así mesmo que esta relación de colaboración permaneza así de viva en vindeiras edicións.

IMG_1174

Deixa unha resposta