Nova entrega de “Argalladas dos pícaros”.

Despois da publicación en primavera de “Xoguetes naturais. Primavera-Verán” (presentada oficialmente no VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais) Xosé López González e Jose M. García Fernández (Pepe e Manolo para amigos e coñecidos) volven agasallarnos cunha obra que de seguro estará á altura da anterior. Resultará un pracer para a vista e un estímulo “enredante” poder ter nas mans “Xoguetes naturais. Outono-Inverno”.

argalladasoutonoinverno

Agardamos logo que esta obra teña o éxito e a calidade da precedente, e que os seus futuros propietarios gocen tanto dela (ou máis) coma os da anterior.

Ide afiando as navallas!

Deixa unha resposta