Acto Central do Día do Peón 2014

Nesta edición do Día do Peón celebrouse o Acto Central “por todo o alto”, xa que tivo lugar no CEIP de Manzaneda, o colexio situado a maior altitude de Galicia.

As actividades que se desenvolveron con motivo deste Acto Central foron as seguintes:

OLYMPUS DIGITAL CAMERA   OLYMPUS DIGITAL CAMERA   OLYMPUS DIGITAL CAMERA

  • Deuse lectura ao manifesto, para o que se contou coa presenza do autor do mesmo, Florencio de Arboiro.

IMG_20141111_123200

  • E xa que o manifesto fala dos afiadores, uníronse estes dous aspectos culturais que dan voltas (peóns e rodas de afiar).

OLYMPUS DIGITAL CAMERA                                                        OLYMPUS DIGITAL CAMERA

  • Contábase coa visita dos usuarios e usuarias da Residencia de Maiores, pero por mor do mal tempo houbo que pospoñer a actividade con eles ata a tarde, con quen se realizou un obradoiro xunto coas traballadoras da residencia.

Temos que agradecer a colaboración das seguintes entidades e persoas que fixeron posible a realización destas actividades:

  • Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo (Deputación de Ourense).
  • CEIP de Manzaneda.
  • Florencio de Arboiro, redactor do manifesto, escultor e director do Museo Casa das Rodas.
  • Concello de Manzaneda.
  • Residencia Municipal de Maiores de Manzaneda

Deixa unha resposta