Día do Peón 2014: que pasou?

O pasado martes 11 de novembro celebrouse, baixo a convocatoria de Brinquedia, a 10ª edición do Día do Peón.

logo_dia_do_peon

Os datos máis salientables desta edición son os seguintes:

  • 22 centros educativos participantes.
  • Preto de 4000 de  alumn@s facendo bailar os seus peóns.
  • Máis de  260 mestras e mestres colabourando na celebración.
  • O Acto Central celebrouse en Manzaneda, contando para elo coa colaboración co Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo, o Concello de Manzaneda e o CEIP de Manzaneda.

É de lamentar que, con respecto á anterior edición, produciuse unha diminución tanto de centros participantes coma de alumnado e profesorado. A distribución de centros e alumnado participante pode consultarse facendo clic na seguinte imaxe:

peon2014def_red

E xa por último, aí van algunhas cousas publicadas nas páxinas webs dalgúns dos centros participantes (se esquecemos algunha, por favor enviade a ligazón a brinquedia@brinquedia.net e engadirémola):

 

IES de Melide: convite a participardocumental sobre o peónvídeo da actividade.

CEIP de Vite I: o peón, un xoguete de sempre; o peón: vocabulario, xogos e trucos; peóns decorados; fotos.

EEI de Vide.       CEP Altamira.      CEIP Esteiro (Ferrol).      CPI Ponte Carreira.

CPI San Sadurniño.      CEP Altamira.      CEIP Concepción Arenal.

CEP Santa Tegra.      CPR María Assumpta.     CEIP de Bandeira.

CEIP Porto-Cabeiro.

 

Deixa unha resposta