Xornada de formación do Voluntariado do Encontro

O pasado luns 12 de maio dous membros de Brinquedia acudiron ao CIFP Ánxel Casal de A Coruña para realizar unha xornada de formación co voluntariado que acudirá ao VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

Déreonse cita alí unha trintena de mozos e mozas, a maior parte deles estudantes dalgún dos ciclos formativos que se imparten neste centro, así coma tres alumnos de Maxisterio das Facultades de Lugo e Santiago.

A xornada comezou ás 16:30 horas e estendeuse ate case as 20:30. Nese tempo, de entrada presentouse a Brinquedia, explicouse en que consiste o Encontro, cales son os seus obxectivos, comentouse o programa a seguir o día do Encontro e despois visionouse un vídeo do mesmo. Indicouse de seguido que é o que se lles pide ás persoas voluntarias e resolvéronse dúbidas e cuestións varias. A continuación, pasouse a vivenciar unha serie dos xogos a desenvolver, aportándoselle ao voluntariado indicacións e estratexias de como afrontar diferentes situacións na práctica.

A continuación, podedes contemplar unha serie de imaxes da práctica e vivencia dos xogos.

20140512_182508   20140512_182515   20140512_182935   20140512_183416   20140512_185020   20140512_191210   20140512_191223   20140512_193355   20140512_193502   20140512_194020   20140512_194041   20140512_194119

E xa por último, agradecer a colaboración prestada ás profesoras Begoña Vázquez e Carmen Loriga que fixeron posible tanto a convocatoria do voluntariado coma a realización desta xornada de formación.

Deixa unha resposta