Arquivos mensuais: Febreiro 2021

Xornada de Xogos Tradicionais no IES Porto do Son

A mañá do xoves 25 de febreiro os alumnos do ciclo medio de “Técnico en condución de actividades físicas no medio natural” coa súa profesora Paula recibiron a visita de Daniel Pino e X. Manuel Barreiro, membros de Brinquedia.

   

Durante as máis de dúas horas que durou a xornada o alumnado tivo a oportunidade de descubrir unha serie de xogos tradicionais como “ os ovos”, “os tres pés”, “os aros”, “pasa perico,pasa mosteiro”, “ a billarda”, a zorregada co cinto”, “ a malla”,“ a trompa”… que non só os fixeron gozar coa súa práctica senón que ademais servíronlle para encher o seu cartafol dunha sabedoría que de seguro lles será de moita utilidade nun futuro moi próximo.

   

A xornada resultou moi frutífera , tanto para o alumnado como para o profesorado e monitorado. Nela púidose comprobar a validez dos enredos de sempre para as actividades a desenvolver en dito ciclo como constatar que o esforzo e compromiso de moita xente co noso patrimonio lúdico está prendendo nas novas xeracións, o que nos fai ver o futuro con moita esperanza e afrontalo con renovadas ilusións.