Arquivos mensuais: Novembro 2020

Día do Peón 2020

Dadas as especiais circunstancias que estamos a vivir, este ano será “diferente” no tocante ao Día do Peón.

Debido ás restriccións, non poderá haber un Acto Central nin se poderán organizar celebracións nos centros educativos coma duns anos para aquí se viñan facendo.

Pero a mal tempo …  Existen solucións para continuar a manter vivo este xogo tan noso:

  • Traballalo nas clases de Educación Física.
  • Promover a súa práctica no fogar cos familiares conviventes.
  • Fomentar a súa práctica nos recreos (naqueles centros que dispoñen de espazos diferenciados).
  • Ao fío do anterior, organizar o día 11 tiradas “conxuntas” (aínda que haxa separación física entre grupos).
  • E … Todo aquelo que en cada centro, en función da súa casuística, teña a ben organizar.

Lembrade que tedes ao voso dispor, no apartado de “Recursos”, unha variada oferta de actividades e propostas que poden ser do voso interese (clic na seguinte imaxe para acceder directamente):

E xa para rematar, lembrade que este xogo pode ser un fantástico recurso para ser empregado nos recreos. Somos sabedores de que nos centros educativos, debido á imposibilidade de empregar materiais conxuntos, están a darse problemas de conflictividade derivados do “non ter que facer”. Pois ben, o peón pode ser ese recurso que mellore o tempo de lecer do alumnado e que contribúa a un mellor clima escolar.

Dende Brinquedia agardamos que, a partires do San Martiño, os nosos peóns, buxainas e trompos continúen a virar. Porque o COVID nin pode nin debe acabar con este senlleiro xogo.