Arquivos mensuais: Abril 2020

Entrevista no programa “A Revista” da TVG.

Noelia Darriba, de Xotramu, en representación de Patrimonio Lúdico Galego, foi entrevistada neste programa para falar da iniciativa “Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida”.

Facendo clic na seguinte imaxe accederedes ao contido da entrevista:

Interesante investigación sobre hábitos lúdicos das familias.

Baixo o título “Hábitos lúdicos das familias en tempos de confinamento”, esta investigación está promovida polos investigadores Apolinar Varela e Silvia López-Gómez, ambos profesores universitarios.

Podedes obter unha descrición máis detallada de en que consiste este traballo facendo clic na seguinte imaxe:

Se reunides os requisitos, animádevos a participar contestando o cuestionario.

Estes investigadores foron entrevistados en diferentes emisoras de radio, velaí van as ligazóns para poder escoitar as entrevistas:

Comezo da entrevista: minuto 13.

Comezo da entrevista: minuto 32.

Comezo da entrevista: principio da parte 3

“Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida” continúa a aumentar os seus contidos.

Recentemente faciamos chegar esta iniciativa de “Patrimonio Lúdico Galego”. Pois ben, que saibades que dende o comezo da súa andadura e ata hoxe os contidos dispoñibles aumentaron considerablemente.

Polo tanto, volvemos a convidarvos a acceder á web posta en marcha mediante esta iniciativa e gozar das actividades propostas: