Arquivos mensuais: Decembro 2019

Acto Central do Día do Peón 2019

Despois de ter que ser adiado debido á climatoloxía que imperou durante o mes de novembro, onte desenvolveuse ao fin o Acto Central do Día do Peón.

Coa inestimable colaboración do Concello de Outes, alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe de Outes puideron gozar das seguintes actividades:

  • Exposición de peóns.

  • Obradoiro de decoración de peóns.

  • Demostración en vivo dun torneiro.

 

 

 

 

 

 

  • Demostración de como se baila unha trompa.

  • E como non, xogos e baile de peóns.

 

Agardamos que toda a xente participante teña gozado da xornada tanto coma a nós nos presta fomentala.