Arquivos mensuais: Novembro 2018

Xa hai data para o Acto Central do Día do Peón.

Como hai ben pouco publicamos, o Acto Central tivo que ser adiado debido ás inclemencias meteorolóxicas.

Pero xa temos data, a cal respecta a fraseoloxía que rodea ao mundo do peón: o día 30 de novembro. “Polo Santo André, peóns aos pés” ou “Polo Santo André, peóns outra ‘ves’ “.

E onde se vai celebrar? Se o tempo o permite, na praza de San Gregorio de Carnota. En caso de chover, a actividade trasladarase ao pavillón.

Agardamos que desta volta os peóns teñan a oportunidade de volver ser protagonistas por un día.

Adiamento do Acto Central do Día do Peón

Debido ás inclemencias meteorolóxicas, o Acto Central do Día do Peón que ía celebrarse hoxe coa colaboración do Concello de Carnota tivo que ser adiado e en breves saberemos da data alternativa

De seguro que a máis dun centro educativo ou entidade que tivese previsto celebrar hoxe o Día do Peón viuse nas mesmas circunstancias. Pero non se preocupar, que de seguro que poderemos facelo para semana que ven.

Os peóns están a agardar a que os boten a bailar!

Máis recursos para o Día do Peón

As compañeiras e compañeiros de Ponte … nas Ondas! achégannos un interesante recurso para empregar co gallo da celebración do Día do Peón.

Só tedes que facer clic na seguinte imaxe para acceder ao mesmo:

E parabéns pola realización deste material!