Arquivos mensuais: Abril 2018

Cartaz XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

Case que recén saído do forno, velaí vai o cartaz desta edición do Encontro.

O ficheiro pdf ao que vos levará a seguinte imaxe ten unhas liñas de puntos. Para que son? Para recortalo, xa que o deseño inicial fíxose nun formato que non cadra ben coas impresoras.

Convocatoria do XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

No día de onte, a través dun correo electrónico remitido a todos os centros escolares de Galicia, así coma a outras entidades e asociacións que puideran estar interesadas no evento, lanzouse oficialmente a convocatoria da duodécima edición do Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

Cando será? O sábado 12 de maio.

Velaquí tedes unha imaxe aérea de onde se vai desenvolver a actividade: na Finca de A Cortiña, no concello de San Sadurniño.

Para atopar toda a información ao respecto da actividade (agás o cartaz, que está a ser ultimado), podedes consultar o apartado “Encontro Escolar“.

Só  nos queda agradecerlle unha vez máis ao Concello de San Sadurniño as facilidades prestadas para poder levar a cabo, outro ano máis, un evento destas características.