Monthly Archives: Novembro 2017

Presentación do libro “Juegos cooperativos con trompos, peonzas y perinolas”.

Que mellor que o Día do Peón para a presentación dunha obra coma esta!

Quen desexe acudir á mesma, pode atopar a información precisa no cartaz da presentación (clic para ampliar):

Cartel Moito conto

Coma pequeno avance, unha imaxe da portada e da contraportada:

Portada + contra

Por boca dun compañeiro de Brinquedia que xa tivo a oportunidade de contemplar a obra trátase dunha publicación moi recomendable.

Só nos queda felicitar aos autores por sen quen de publicar unha obra de este estilo, e desexarlles un grande éxito de vendas e aceptación.

Acto Central do Día do Peón

Este ano o Acto Central desenvolverase no concello de Muros, concretamente no Pozo do Cachón (parroquia de Serres), e será organizado pola Concellería de Educación de dito Concello.

lonapeon

Están convidados a asistir os diferentes centros educativos do concello de Muros que imparten ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

No mesmo desenvolveranse as seguintes actividades:

  • Obradoiro de decoración de peóns.
  • Tirada conxunta.
  • Lectura do Manifesto polo seu autor, Daniel Pino Couñago, impulsor dos encontros escolares de xogos tradicionais da comarca.
  • Bailado de trompas: modelo de peón rudimentario e de grandes dimensións que faise xirar cunha zorrega ou látego. Pódese atopar máis información sobre este tema no Manifesto.
  • Homenaxe a Arturo Romaní, autor da obra “Xogos infantiles de Galicia” publicada no ano 1979.

Agradecémoslle á Concellería de Educación do Condello de Muros a súa dispoñibilidade para organizar este evento, o cal estamos seguros de que será unha experiencia moi grata para as persoas asistentes ao mesmo.

 

Manifesto do Día do Peón

Para quen quera engadir dentro das actividades do Día do Peón a lectura do manifesto deste ano, pode descargalo facendo clic na seguinte imaxe. Agardecémoslle a Daniel Pino Couñago a súa autoría.

manifesto

E coma acompañamento, que mellor que unha canción arranxada por Gonzalo Brea Romaní e interpretada xunto con alumnado do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro (Muros) (para descargar, clic co botón dereito e seleccionar “gardar ligazón como …”):

trompiño