Arquivos mensuais: Maio 2017

XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais: galería de imaxes.

Facendo clic na seguinte imaxe podes acceder á galería de imaxes que temos aloxada en Google Drive:

debuxo

Se tes algunha imaxe que queras compartir co resto dos asistentes, podes facérnola chegar ao noso correo electrónico (brinquedia@brinquedia.net).

XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais: que pasou?

A undécima edición do Encontro escolar viaxou este ano para a cidade de Narón.

O sábado 27 de maio os xogos de sempre deixáronse ver polas marabillosas instalacións do CPI do Feal (Narón). Nelas, uns 400 nenos e nenas vidos de diferentes colexios de Galicia compartiron carreiras, saltos, habilidades que fan dos xogos non só un motivo de diversión senón tamén de relación.

DSC_0003

O Encontro comezou sobre ás 11 horas cunha primeira quenda de xogos, ao que deu lugar un tempo de lecer (12:15h) onde os nenos repuxeron forzas cunha pequena merenda, para a continuación, dar entrada a unha segunda quenda que remataría sobre ás 14 horas. Momento este no que os peóns, cordas, mariolas e demais deron paso a unhas apetecibles viandas que foron devoradas nun visto e non visto.

DSC_0019      DSC_0159 DSC_0058

As 15:30 horas mentres os máis pequenos se divertían co espectáculos da compañía “Paporrubio” os demais coas familias participaban nas diversas exhibicións que se estendían polo patio. Aí estaban as chaves, os bólos, a loita, a billarda…facendo recordar a máis dun tempos non tan lonxanos.

DSC_0094 DSC_0150 DSC_0173

E así entre intento e intento foise achegando o tempo de rematar (17:30h) Os colexios participantes e demais colaboradores foron agasallados cunha camiseta conmemorativa do encontro e por suposto co máis grande dos agradecementos da xente de Brinquedia que organizou algo que sen eles sería imposible.

DSC_0009   DSC_0007   DSC_0005

Reiteramos o noso agradecemento a…

  • Concello de Narón, coa Concellería de Cultura á fronte.
  • Equipo directivo do CPI O Feal.
  • Colexios participantes.
  • SEDEGA, pola súa achega loxística.
  • Torneiros da Asociación Virutas, pola súa marabillosa demostración de bo facer cun torno.
  • Xotramu, cos seus fantásticos xogos e enredos e pola billarda
  • Ozocogz deseño
  • Pepe e Manuel, responsables do Obradoiro de Enredos.
  • Mupega
  • GADISA
  • FEIRACO
  • Voluntariado dos centros CIFP Ánxel Casal de A Coruña e CIFP de Ferrolterra.
  • Club de birlos “Arcasco” de Riotorto.
  • Juanjo, por traernos os birlos de Parada de Sil.
  • Club “A Cambadela”, por achegarmos á loita tradicional galega.
  • A Carmen e Uxío, polo fantástico obradoiro de Xogos Musicais.
  • Á xente das chaves de Santiago e Ferrolterra.
  • A Carballo Vivo, de Friol, polo seu “arrebolamento de goxo”.

IX Festa de Xogos Tradicionais de Xotramu

O sábado 3 de xuño, no Recinto Feiral Manuel Vila de Muimenta, os compañeiros de Xotramu organizan a novena edición da súa Festa de Xogos Tradicionais.

Podedes ver o programa facendo clic na seguinte imaxe:

cartazxotramu

Coma nas anteriores edicións, de seguro que esta actividade colmará as expectativas dos asistentes á mesma.

Só nos queda desexarlle a esta entidade que esta edición volva a ser un éxito, e felicitala polo esforzo organizativo que supón promover iniciativas desta envergadura e calidade.