Monthly Archives: Abril 2017

Reunións na Xunta de Galicia

Este luns 17, representantes de diversas entidades promotoras do xogo e o deporte tradicional galego (Brinquedia, Etnoga, Xotramu, Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional e do Museo Etnolúdico de Galicia) foron recibidos por Marta Míguez (Secretaria Xeral para o Deporte) e Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Cultura) a quen se lles expuxeron as necesidades do patrimonio lúdico no tocante á súa protección e difusión.

IMG-20170417-WA0001 IMG-20170417-WA0002

 

Agradecemos que nos atenderan e agardamos ver resultados pronto.

Encontro Internacional de Xogos Tradicionais

Do 21 a o 23 de abril celebrarase un Encontro Internacional de Xogos Tradicionais organizado pola Asociación Cultural La Tanguilla (Aranda de Douro) no que estarán presentes entidades de Francia, Portugal e España.

Podedes atopar máis información do mesmo facendo clic na seguinte imaxe:

encuentrointernacional

III Parada Familiar de Xogos Tradicionais

O C.P.I de San Sadurniño organiza a III edición da súa Parada Familiar de Xogos Tradicionais.

Pódese atopar máis información da actividade no seu blog facendo clic na seguinte imaxe:

III PARADA_red2