Arquivos mensuais: Febreiro 2016

X Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

Xa estamos en condicións de confirmar a data e o emprazamento do Encontro deste ano: será o sábado 4 de xuño en MOEXMU, situado na localidade de Muimenta (Concello de Cospeito, Lugo).

xotramu

Para elo contaremos coa inestimable colaboración de Xotramu (Xogos Tradicionais Muimenta), que se ofreceu a acoller a celebración dentro da súa xa consolidada “Festa de Xogos Tradicionais”.

Esta nova é só un pequeno adianto. Atopámonos nestes momentos organizando todo o relativo á actividade, polo que en breve contamos poder difundir o programa definitivo, cartaces, etc.

E por se para alguén é o seu primeiro achegamento a esta actividade, convidómolo a visitar as seguintes  publicacións, facendo clic nas imaxes:

cartaz

Programa do IX Encontro Escolar de Xogos Tradicionais

resumo

 Resumo do Encontro do ano pasado

videoencontro

Vídeo do IX Encontro