Arquivos mensuais: Outubro 2015

Convocatoria do Día do Peón 2015

logo_dia_do_peon

Outro ano máis,  achegándonos ao mes de novembro, temos a ben convocar a celebración do Día do Peón.

Baixo o lema de “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, pretendemos que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto por nenos como polos non tan nenos, bailen e requebren por toda a xeografía galega.

lonapeon

Así, nun correo electrónico enviado aos centros de ensino galegos, así coma a outras entidades e asociacións, convidamos a participar nesta actividade que, neste ano, suma xa a súa undécima edición.

A documentación elaborada para esta edición é a seguinte, podéndose descargar cada un dos documentos facendo clic na súa respectiva imaxe:

cartaz peón 2013     ligazons de interese

                   Cartaz                                  Ligazóns de interese

Paneis baldufa

 Exposición “O peón, un mundo de amigos”

manifestoPeon2015_red

Manifesto

recollida

Cuestionario de recollida de datos para os centros participantes (cumprimentación en liña)

Por outra banda, na nosa canle de Brinquedia en Youtube, hai colgados uns vídeos que consideramos poden ser do voso interese.

Xa para rematar, podemos confirmar que o Acto Central celebrarase este ano no CPI de San Sadurniño (provincia de A Coruña), acto ao que acoderán convidados 5 centros educativos da comarca e que sumará máis de 500 alumnos/as participantes.