Arquivos mensuais: Outubro 2014

Convocatoria do Día do Peón

logo_dia_do_peon

Outro ano máis,  achegándonos ao mes de novembro, temos a ben convocar a celebración do Día do Peón.

Baixo o lema de “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, pretendemos que o día 11 de novembro convírtase nun día no que os peóns, bailados tanto por nenos como polos non tan nenos, bailen e requebren por toda a xeografía galega.

lonapeon

Así, nun correo electrónico enviado aos centros de ensino galegos, así coma a outras entidades e asociacións, convidamos a participar nesta actividade que, neste ano, suma xa a súa décima edición.

A documentación elaborada para esta edición é a seguinte, podéndose descargar cada un dos documentos facendo clic na súa respectiva imaxe:

cartaz peón 2013     ligazons de interese    

Cartaz                               Ligazóns de interese

Capturamanifesto         Paneis baldufa

Manifesto                   Exposición “O peón, un mundo de amigos”

recollida-datos-peon

Ficha de recollida de datos para os centros participantes

Por outra banda, na nosa canle de Brinquedia en Youtube, hai colgados uns vídeos que consideramos poden ser do voso interese.

E xa para rematar, convidámosvos tamén a participar na IV Mostra Mundial de Peóns Decorados. Para obter máis información ao respecto, facede clic na seguinte imaxe:

zibaeguna

Brinquedia, presente no X Aniversario do MUPEGA

Recentemente, o Museo Pedagóxico de Galicia celebrou un acto relacionado co seu X aniversario, acto ao que Brinquedia foi convidada, do que podedes obter máis información nesta ligazón.

20141020_190633

 

Dende Brinquedia queremos salientar o traballo e colaboración que este organismo ten co mundo do xogo tradicional, tal e como reflicten as seguintes imaxes.

20141020_191159   20141020_200507   20141020_200635

20141020_200751   20141020_201320   20141020_201543

Por último, só nos queda felicitar á xente que fai e fixo posible o labor que este Museo desenvolve.