Arquivos mensuais: Maio 2014

Presentación do VIII Encontro na Deputación de Lugo

O mércores 28 de maio realizouse a presentación conxunta do VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais e das X Xornadas Interxeracionais Rurais, xornadas nas que este ano atópase inserido o Encontro.

rIMG_9599

Asistiron á mesma, de dereita a esquerda:

Manuela Vilaboy, Educadora Social do Concello de Xermade.

Mario Outeiro, Delegado de Cultura da Deputación de Lugo,

Xose Manuel Felpeto, Presidente da Asociación de Veciños de Cabreiros.

Iván Montes, Secretario de Brinquedia.

Nesta presentación achegouse información aos medios de en que consisten ambas iniciativas, polo que agardamos que a difusión das mesmas se vexa ampliada.

Xa no mesmo día, a páxina web da Deputación recolle a citada presentación. Podedes acceder a ela facendo clic na seguinte imaxe:

Presentación Deputación

Brinquedia, presente no acto de apertura das “X Xornadas Interxeracionais Rurais”.

Como xa ben saberedes, este ano o Encontro Escolar de Xogos Tradicionais desenvolverase na localidade de Cabreiros (concello de Xermade, Lugo) e atópase incluído dentro da programación das actividades das “X Xornadas Interxeracionais Rurais” que organizan o Concello de Xermade, a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Veciños de Cabreiros.

Tivemos por tanto a honra de estar presentes no acto de apertura, ao que asistiron as seguintes personalidades:

DSC_0002

De esquerda a dereita:

Xesús Rodríguez Rodríguez (Facultade de Ciencias da Educación da USC).

Sofía Riveiro Olveira (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia).

Mariló Candedo Gunturiz (Nova Escola Galega).

Tomás Rodríguez Arias (Alcalde de Xermade).

Xose Manuel Barreiro Ínsua (Presidente de Brinquedia).

Francisco Xosé Silvosa (Universidade de Santiago de Compostela. Campus de Lugo).

Xose Manuel Felpeto (Asociación de Veciños de Cabreiros).

Dende aquí o noso agradecemento á organización por termos convidado a estar presentes neste acto de apertura, ademáis da nosa felicitación por estar de aniversario ao cumprirse a décima edición destas xornadas.

E para rematar, unhas imaxes da intervención do Presidente de Brinquedia no seu turno de palabra.

DSC_0018   DSC_0021   DSC_0022

DSC_0027    DSC_0031

Xornada de formación do Voluntariado do Encontro

O pasado luns 12 de maio dous membros de Brinquedia acudiron ao CIFP Ánxel Casal de A Coruña para realizar unha xornada de formación co voluntariado que acudirá ao VIII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.

Déreonse cita alí unha trintena de mozos e mozas, a maior parte deles estudantes dalgún dos ciclos formativos que se imparten neste centro, así coma tres alumnos de Maxisterio das Facultades de Lugo e Santiago.

A xornada comezou ás 16:30 horas e estendeuse ate case as 20:30. Nese tempo, de entrada presentouse a Brinquedia, explicouse en que consiste o Encontro, cales son os seus obxectivos, comentouse o programa a seguir o día do Encontro e despois visionouse un vídeo do mesmo. Indicouse de seguido que é o que se lles pide ás persoas voluntarias e resolvéronse dúbidas e cuestións varias. A continuación, pasouse a vivenciar unha serie dos xogos a desenvolver, aportándoselle ao voluntariado indicacións e estratexias de como afrontar diferentes situacións na práctica.

A continuación, podedes contemplar unha serie de imaxes da práctica e vivencia dos xogos.

20140512_182508   20140512_182515   20140512_182935   20140512_183416   20140512_185020   20140512_191210   20140512_191223   20140512_193355   20140512_193502   20140512_194020   20140512_194041   20140512_194119

E xa por último, agradecer a colaboración prestada ás profesoras Begoña Vázquez e Carmen Loriga que fixeron posible tanto a convocatoria do voluntariado coma a realización desta xornada de formación.